Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 06 de novembro de 2003 Páx. 13.716

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas nos recursos contencioso-administrativos -procedemento ordinario 354/2003 e procedemento ordinario 444/2003- interpostos pola Confederación Intersindical Galega e polo Sindicato de Administración Pública de Pontevedra da CGT contra o Decreto 200/2003, do 20 de marzo, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, se procede á creación do Rexistro Telemático da Xunta de Galicia e se regula a atención ó cidadán.

Na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Gali

cia estanse a tramita-los recursos contencioso-administrativos -procedemento ordinario nº 354/2003 e procedemento ordinario nº 444/2003- interpostos pola Confederación Intersindical Galega e polo Sindicato de Administración Pública de Pontevedra da CGT contra o Decreto 200/2003, do 20 de marzo, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, se procede á creación do Rexistro Telemático da Xunta de Galicia e se regula a atención ó cidadán.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo referido ó tribunal, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas nos procedementos e se emprazan para que poidan comparecer como parte na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días (9 días) contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2003.

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia,

Relacións Institucionais e Administración Pública

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA