En sesión que tivo lugar o día 31 de outubro de 2003 o tribunal nomeado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 26 de decembro de 2003, para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso a categorías correspondentes ó grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en concreto á categoría 10 f, peón forestal, adoptou os seguintes acordos:
Primeiro.-Conforme o disposto na base sexta III.3.8.parágrafo segundo, facer públicas as puntuacións provisionais da fase de concurso.
Segundo.-Conceder un prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente acordo, para que os interesados poidan presentar reclamacións en relación coas puntuacións obtidas, dirixidas á Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela).
Terceiro.-A relación coa puntuación provisional da fase de concurso poderase consultar nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia ó igual que na Consellería de Medio Ambiente e nas súas delegacións provinciais.
Para solicitar información o teléfono de contacto é o 902 12 00 12, en horario de 9.00 a 19.00 horas de luns a venres e de 9.00 a 14.00 horas os sábados.
Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2003.
Mª Lourdes Batán Aira
Presidenta do tribunal