Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 06 de novembro de 2003 Páx. 13.713

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 31 de outubro de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso a categorías correspondentes ó grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polo que se fan públicas as puntuacións provisionais da fase de concurso.

En sesión que tivo lugar o día 31 de outubro de 2003 o tribunal nomeado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 26 de decembro de 2003, para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso a categorías correspondentes ó grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en concreto á categoría 9, celador 2ª/vixilante de recursos naturais, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro.-Conforme o disposto na base sexta III.3.8. parágrafo segundo, facer públicas as puntuacións provisionais da fase de concurso.

Segundo.-Conceder un prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste

acordo, para que os interesados poidan presentar reclamacións en relación coas puntuacións obtidas, dirixidas á Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela).

Terceiro.-A relación coa puntuación provisional da fase de concurso poderase consultar nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia ó igual que na Consellería de Medio Ambiente e nas súas delegacións provinciais.

Para solicitar información o teléfono de contacto é o 902 12 00 12, en horario de 9.00 a 19.00 horas de luns a venres e de 9.00 a 14.00 horas os sábados.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2003.

Mª Lourdes Batán Aira

Presidenta do tribunal