Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 05 de novembro de 2003 Páx. 13.684

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do cambio do enderezo social, á rúa Lino Sexto número 5-baixo, de Melide, da entidade Fioli, S. Coop. Galega.

O artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia e o Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do rexistro de cooperativas de Galicia, no seu artigo 53.1º establece a obrigatoriedade da publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo de modificación do domicilio social da cooperativa. Na súa virtude,

RESOLVO:

Dispoñe-la publicación, no Diario Oficial de Galicia, da variación do domicilio social, á rúa Lino Sexto nº 5-baixo de Melide, da entidade Fioli, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral que tivo lugar o día 1 de outubro de 2002.

A Coruña, 1 de outubro de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña