Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 05 de novembro de 2003 Páx. 13.679

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2003, da Dirección Xeral para o Deporte, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 0000395/2003, interposto por Luciano e Manuel Planas Otero, do Club BKC da Coruña, contra a resolución do Comité Galego de Xustiza Deportiva do 14 de marzo de 2003, desestimatoria do recurso de reposición interposto contra Resolución do 18 de outubro de 2002, sobre o proceso electoral da Federación Galega de Boxeo.

A Dirección Xeral para o Deporte recibiu da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo nº 0000395/2003 interposto por Luciano e Manuel Planas Otero, do Club BKC da Coruña, contra resolución do Comité Galego de Xustiza Deportiva do 14 de marzo de 2003, desestimatoria do recurso de reposición interposto contra Resolución do 18 de outubro de 2002, sobre o proceso electoral da Federación Galega de Boxeo.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, e son emprazadas para que poidan comparecer como parte en autos na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2003.

José Ramón Lete Lasa

Director xeral para o Deporte