Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 05 de novembro de 2003 Páx. 13.676

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2003 pola que se autoriza a transmisión do título habilitante e da concesión administrativa dun establecemento auxiliar de cultivos mariños.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión do título habilitante do establecemento que

se cita a continuación, e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

A) Antecedentes de feito.

Primeiro: Juan Jesús Michinel Moar no seu nome e representación solicitou a transmisión do título habilitante e da concesión administrativa dunha cetaria, situada no lugar de Mixirique, concello de Muxía (A Coruña).

Segundo: o interesado achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro: no expediente consta a seguinte documentación, referida ó resultado da información oficial.

-Informe técnico favorable da Delegación Territorial da Coruña.

-Informe favorable sobre a transmisión da concesión de ocupación do dominio público marítimo-terrestre, do Ministerio de Medio Ambiente do 23 de abril de 2002.

-Informe xurídico favorable do Servicio Técnico Xurídico.

B) Fundamentos xurídicos.

Primeiro: este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999 de delegación de competencias nos/as delegados/as territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Segundo: o expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas na Orde do 21 de xullo de 2000 (DOG nº 153), pola que se regula o procedemento para a transmisión do permiso de actividade nos establecementos de cultivos mariños e auxiliares.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Autoriza-la transmisión, a favor de Muxía Mar, S.L. (CIF: B-15255029), do título habilitante e da concesión administrativa do establecemento que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: cetaria.Nome: Juan Jesús Michinel Moar.

Actividade: estabulación de crustáceos.

Localización: lugar de Mixirique, concello de Muxía (A Coruña).

Especies autorizadas: crustáceos.

Títulos habilitante:

Orde de outorgamento: 29 de abril de 1988(DOG do 15 de xuño).

Remate da vixencia: 15-6-2008.

Actual titular: Juan Jesús Michinel Moar (DNI/CIF: 32749004-V).

Novo titular: Muxía Mar, S.L. (CIF: B-15255029).

O novo titular subrógase nos dereitos e obrigas do anterior.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 6 de outubro de 2003.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)

Beatriz Mato Otero

Delegada territorial da Coruña