Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 05 de novembro de 2003 Páx. 13.671

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/38-2, 6028 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de San Vicente, Vicos e O Pedroso.

Situación: Mondoñedo.

Descricións técnicas:

-L.A.T. derivación a C.T. San Vicente, orixe apoio nº 2 da L.M.T. en proxecto derivación a C.T. Vicos, e final en apoio nº 1 do C.T. San Vicente; a súa lonxitude é de 14,23 m.

-L.A.T. derivación a C.T. Vicos, con orixe nun apoio existente anterior á derivación do antigo C.T. San Vicente e final no apoio nº 10 do C.T. Vicos; a súa lonxitude será de 1.112,17 m.

-L.A.T. derivación a C.T. O Pedroso, con orixe en apoio nº 5 da L.M.T. en proxecto derivación a C.T. Vicos e final en apoio nº 3 a C.T. O Pedroso; lonxitude 336,58 m.

-Instálanse tres C.T., denominados C.T. San Vicente de 160 kVA, C.T. Vicos de 160 kVA e C.T. O Pedroso de 160 kV.

-Os R.B.T. executaranse en conductores R.Z.-95 e R.Z.-50, tensados sobre apoios sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachadas e situados en zona A. As acometidas serán en conductor R.Z. 4x25 Al.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 1 de outubro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo