Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 05 de novembro de 2003 Páx. 13.664

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 10 de outubro de 2003, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se relacionan resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Rafael Ramos Álvarez e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense, en aplicación do Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro, polo que se regula o recurso de reposición previo ó contencioso-administrativo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con domicilio na rúa Progreso, 38 ent., Ourense, en horario de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense,10 de outubro de 2003.

Norberto Francisco Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

Interesado: Rafael Ramos Álvarez.

DNI: 34985452-Z.

Erbedelo, 29-4º esq. Ourense.

Procedemento: res. recurso desestimado.

Recurso: 59/2003.

Doc. 02320148809.

Interesada: Mª Belén Magallanes Castellanos.

DNI: 10056933-E.

C. Xoán de Novoa, 10-2 B Ourense.

Procedemento: res. recurso estimado.

Recurso: 52/2003.

Doc. 03320070534.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA