Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía.
Domicilio social: Gabino Bugallal 44, 36860 Ponteareas.
Denominación: L.M.T., C.T. edf. r/ Fernández de la Mora.
Situación: concello de Ponteareas.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 10 m de lonxitude, con orixe na liña de distribución de Ponteareas e remate no C.T. que se proxecta, de 630 kVA R.T. 20kV/230-400 V, situado nun edificio da rúa Fernández de la Mora de Ponteareas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 15 de setembro de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra