Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 04 de novembro de 2003 Páx. 13.625

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 9 de outubro de 2003, do Servicio de Informes e Recursos, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00255-I-2003 e un máis).

Por medio desta cédula notifícanselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por este motivo inciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegar por escrito perante a Subdirección Xeral de Inspección de Transportes o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2003.

Alberto Eiras Martínez

Instructor xefe do Servicio de Informes e Recursos

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

DX-00255-I-2003

Obstrucción

3544790902A2053

Pedro García Díaz

Brasil, 28-5º esq.

156 A Coruña

Con data de rexistro de saída 23-4-2003, requiriuse a Pedro García Díaz, para que no prazo de 10 días remitise á Subdirección Xeral de Inspección a seguinte documentación: 1. Copia das facturas emitidas polos portes realizados durante o mes de decembro de 2002 co vehículo matrícula C-1373-BD e 2. Copia da ITV do citado vehículo. A recepción do requirimento tivo lugar, segundo consta no correspondente xustificante de recepción, o día 25-4-2003. Transcorrido o prazo sinalado non se cumpriu co citado requirimento, o cal constitúe unha infracción moi grave por obstrucción á actuación dos servicios de inspección, impedíndolle o exercicio das súas funcións.

19-8-2003; 11.49.26

Art. 33 Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE nº 182, do 31 de xullo) e art. 19 do R.D. 1211/1990, do 28 de setembro, regulamento da Lei 16/1987 (BOE nº 241, do 8 de outubro)Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

1.500 euros

DX-00270-I-2003

TO-7119-N

3544790902A2053

Emilio Alonso Oitavén

Pablo Iglesias, 20-2º B

36210 Vigo (Pontevedra)

Con data de rexistro de saída 9-5-2003, requiriuse a Emilio Alonso Oitavén, para que remitise á Subdirección Xeral de Inspección a seguinte documentación: 1. Copia das facturas emitidas polos portes realizados durante o mes de decembro de 2002 co vehículo matrícula TO-7119-N e 2. Copia da ITV do citado vehículo. Da documentación achegada compróbase que se realizou transporte co citado vehículo durante o mes de decembro de 2002, carecendo de autorización administrativa (tarxeta), xa que a mesma foi dada de baixa por non visar o 30-11-2002.

28-8-2003; 11.52.10

Art. 90 da Lei 16/1988 e art. 41 R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

300 euros