Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 04 de novembro de 2003 Páx. 13.623

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando no nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 6 de marzo de 2003, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Acondicionamento da estrada AC-401. Treito: Cerceda-A Silva. Convenio Instituto para a reestructuración da minería do carbón e desenvolvemento alternativo das comarcas mineiras-Consellería de Industria e Comercio (18-12-2001).

Adxudicatario: Arias Hermanos Construcciones, S.A.

Orzamento: 2.799.258,55 euros.

Acondicionamento da estrada OU-404 de Celanova a Barral. Treito: ponte da Ella-límite norte termo municipal de Cartelle.

Adxudicatario: UTE Máximo Rodríguez González- Vidal Ferrero, S.L.

Orzamento: 3.400.000 euros.

Mellora da seguridade vial na estrada PO-360 O Rosal (Pontevedra).

Adxudicatario: Movexvial.

Orzamento: 829.462 euros.

Reforzo do firme con mestura asfáltica quente na LU-161 de Landrove a Ferreira de Valadouro.

p.k. 0+000 ó 11+000.

Adxudicatario: Asogal Construcciones, S.L.

Orzamento: 433.025,20 euros.

Reforzo do firme na PO-222 Campo Lameiro-Codeseda p.k. 4+530 ó 19+940. PO-200 intersección N-525 a PO-202 p.k. 0+000 ó 1+900.

Adxudicatario: Construcciones Crespo, S.A.

Orzamento: 1.141.530 euros.

Reforzo do firme na VRG-4.2. ramal a Cambados desde a VRG-4.1 p.k. 0+000 ó 3+400 C-550 Marín-Bueu p.k. 98+700 ó 99+100; C-550 Bueu-Cangas p.k. 100+100 ó 102+500; C-550 Cangas-Rande p.k. 120+200 ó 121+700 e C-550 Sanxenxo-Pontevedra p.k. 62+900 ó 79+170.

Adxudicatario: Construcciones Taboada y Ramos, S.L.

Orzamento: 1.043.798,25 euros.

Reposición de pavimentos e beirarrúas PO-331 O Porriño-Gondomar p.k. 12+850 ó 14+107. Treito: Gondomar (Pontevedra).

Adxudicatario: Covsa.

Orzamento: 139.460,15 euros.

Reforzo do firme con mestura asfáltica en quente sinalización e balizamento. Treitos. Liñares-Triacastela e travesía de Samos.

Adxudicatario: Acoval.

Orzamento: 1.143.122,97 euros.

Reordenación da avenida de Compostela. Convenio CPTOPV-Concello de Pontevedra (17-10-2002).

Adxudicatario: Espina Obras Hidráulicas, S.A.

Orzamento: 546.248,90 euros.

En cumprimento do previsto no artigo 60 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2003.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda