Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 04 de novembro de 2003 Páx. 13.597

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 27 de outubro de 2003 pola que se modifica a clasificación de determinadas fundacións e a súa adscrición ó departamento da Xunta de Galicia competente para o exercicio do seu protectorado.

Por Decreto da Presidencia 280/2003, do 17 de xuño, modifícase a estructura orgánica da Xunta de Galicia e por Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, fíxase a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

Esta normativa fixa unha distribución competencial distinta á existente ata ese momento que aconsella a reclasificación de determinadas fundacións e a conseguinte modificación na súa adscrición ás distintas consellerías para efectos do exercicio do seu protectorado.

Na súa virtude, e logo de acordo da Comisión de Secretarios Xerais, na súa reunión de data vinteún de outubro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo único.-Clasifícanse como de interese deportivo e adscríbense á Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado as fundacións relacionadas no anexo I.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a secretaria xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública para que instrumente o disposto nesta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública

ANEXO I

Fundación Celta de Vigo.

Fundación Pazo Universitario Provincial.

Fundación Universitario de Ferrol.

Fundación Deporte Galego.

Fundación Naútico-Deportiva Rías do Sur.

Fundación Vigo en Deporte.

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO