Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 03 de novembro de 2003 Páx. 13.587

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do día 19-8-2003, acordou aprobar inicialmente a fixación de sistema de actuación da UA 8 (cooperación) así como o proxecto de plan especial de reforma interior da devandita UA, o cal queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a última das publicacións que se inserirán no DOG, no BOP e en dous dos xornais de maior circulación da provincia.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo e presenta-las alegacións que estimen convenientes (expediente 36/2003.PERI).

Ó mesmo tempo e ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar de notificación dalgún ou intentada esta non se puidese practicar, sirva este anuncio de notificación, coa finalidade e alcance que se prevén no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Arteixo, 4 de setembro de 2003.

P.D. (Decreto 1009/2003)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente de alcalde