Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 03 de novembro de 2003 Páx. 13.572

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/563-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: variante L.M.T., C.T. Xermade por variante Marín PO/91.10.2.2.

Situación: concello de Marín.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con conductor tipo LA-56 de 28 m de lonxitude, con orixe nun apoio 56 da L.M.T. LOZ808B-Marín Busto e remate no C.T. que se proxecta, de 50 kVA R.T.

20 kV-380/220 V, situado en Xermade, no concello de Marín.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 18 de setembro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra