Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 03 de novembro de 2003 Páx. 13.570

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/556-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Sabrexo.

Situación: concello de Vila de Cruces.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con conductor tipo LA-56 de 11 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. POR707 Cruces 2 e remate no C.T. que se proxecta, de 50 kVA R.T. 15 kV-380/220 V, situado en Sabrexo, no concello de Vila de Cruces. R.B.T. aérea de 1.057 m de lonxitude con conductor tipo R.Z. e orixe no C.T. proxectado.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 15 de setembro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra