Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 03 de novembro de 2003 Páx. 13.558

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2003 pola que se convoca unha xornada sobre a Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para o 2003 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase, en colaboración co Colexio Oficial de Avogados de Ferrol, unha xornada sobre a Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, convocatoria que se desenvolverá conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

Amplia-los coñecementos dos destinatarios desta xornada sobre os aspectos máis sobresalientes da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

2. Contido.

Trataranse estes temas:

-Principios xerais. Réxime urbanístico do solo. Disposicións xerais. Réxime xurídico do solo rústico.

-Clasificación do solo. Réxime das distintas clases e categoría de solo. A organización do urbanismo en Galicia. Réxime transitorio.

-Planeamento urbanístico. Clases de Plans. Procedemento de elaboración. Competencias para a súa aprobación. Normas de aplicación directa. Execución dos plans de ordenación (xestión).

3. Destinatarios.

Persoal ó servicio da Xunta de Galicia e da Administración local galega e avogados do Colexio de Avogados de Ferrol.

4. Desenvolvemento.

-Horario: mañá.

-Lugar e datas: a xornada convocada desenvolverase no salón de actos do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol, sito na praza Camilo José Cela, s/n, da citada cidade, o día 20 de novembro de 2003.

5. Inscrición.

-Prazo: remata o martes, día 18 de novembro de 2003.

-Tramitación de solicitudes: as solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública, Polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemen

to administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 30.

-Número de prazas: limitado á capacidade do local.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán, de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

Os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión, chamando por teléfono, o día 19 de novembro, de 8.30 a 14.30 horas, ós seguintes números: 981 54 62 39/44 ou 981 54 60 40.

6. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento da xornada, así como o de cancelala, se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

7. Certificación de asistencia.

Entregaráselles, ó remate desta xornada, a aquelas persoas inscritas que concorresen asiduamente a ela, cando a súa asistencia sexa igual ou superior ó 85% das horas lectivas programadas, e expresarase, neste documento, a natureza da actividade e a data da súa realización.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2003.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA