Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 31 de outubro de 2003 Páx. 13.544

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2003 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración dun brazo telescópico articulado de 42 metros, con destino ó Parque Comarcal de Bombeiros de Santiago de Compostela. (Expediente 9579/2003 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración dun brazo telescópico articulado de 42 metros, con destino ó Parque Comarcal de Bombeiros de Santiago de Compostela (CPV 34105430-6).

Lugar de entrega: Parque Comarcal de Bombeiros de Santiago de Compostela.

Prazo de entrega: oito meses.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 588.991,86 euros, IVE incluído do 16%.

Garantía provisional: 11.779,84 euros.

Garantía definitiva: o 4% do prezo de adxudicación do contrato.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n 5º, 15003 A Coruña, Telf. 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13.00 horas do día 15 de decembro de 2003.

Data de envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 24 de outubro de 2003.

A Coruña, 24 de outubro de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

COOP. DE TRANSPORTES DE MERCANCÍAS DEL PUERTO

DE A CORUÑA