Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 31 de outubro de 2003 Páx. 13.543

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2003 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración dun vehículo 4x4 para mando e inspección, con destino ó Parque Comarcal de Bombeiros de Santiago de Compostela. (Expediente 9581/2003 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración dun vehículo 4x4 para mando e inspección, con destino ó Parque Comarcal de Bombeiros de Santiago de Compostela.

Lugar de entrega: Parque Comarcal de Bombeiros de Santiago de Compostela.

Prazo de entrega: tres meses.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 36.060,73 euros, IVE incluído do 16%.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: o 4% do prezo de adxudicación do contrato.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n 5º, 15003 A Coruña, Telf. 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13.00 horas do día que se cumpra o prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación no BOP ou DOG.

A Coruña, 24 de outubro de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña