Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 31 de outubro de 2003 Páx. 13.541

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación por poxa aberta da execución das obras de mellora do saneamento en Vigo (expediente 16567/240).

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Vías e Obras. Nº expediente: 16567/240.

2. Obxecto do contrato: descrición: mellora de saneamento.

Lote: si, tres.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo: catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: poxa.

4. Orzamento: lote 1: 82.449,60 euros; lote 2: 49.646,64 euros e lote 3: 100.345 euros.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n, 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: non se esixe.

Outros requisistos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 17 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 26 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no DOG e BOP.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 20 días contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións.

11. Gastos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

12. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 23 de outubro de 2003.

María Luísa Graña Barcia

Concelleira de Patrimonio