Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 31 de outubro de 2003 Páx. 13.532

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2003 pola que se fai pública a adxudicación dun contrato administrativo de obras.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado por Real decreto lexislativo

2/2000, do 16 de xuño, faise pública a adxudicación do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral para o Deporte.

c) Número de expediente: 17/2003.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: construcción dunha piscina cuberta e climatizada no concello de Outes (A Coruña).

b) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 147, do 31 de xullo de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación. Importe total:

Expediente 17/2003: 1.390.317,80 A, IVE incluído.

5. Adxudicación:

a) Data: 23 de setembro de 2003.

b) Contratista: Obras, Pavimentos e Instalaciones Industriales, S.L. (Opaín, S.L.).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe: 1.262.408,58 A, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2003.

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado