Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: recuamento do C.T. Moraña.
Situación: A Coruña.
Descricións técnicas: nova implantación do C.T. Moraña, entre a rúa Pintor Villar Chao e a rúa Juan Montes, subterráneo, baixo placa de praza, con acometida en media tensión, con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 10 m de lonxitude, instalando un novo transformador de 1.000 kVA, que xunto co existente, tamén de 1.000 kVA, e tensións de 15/0,380-0,22 kV, con dúas celas de liña SF6, se instalan no local anexo ó anterior. Concello da Coruña.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta reso
lución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
A Coruña, 25 de setembro de 2003.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN
LOCAL