De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta universidade por Resolución do 13 de novembro de 2001 (BOE do 27 de novembro), para a provisión da praza número 01/135 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería do terreo, do departamento de Tecnoloxía da Construcción desta universidade, a favor de Ricardo A. Juncosa Rivera, e unha vez que o interesado acreditase os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.
Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Ricardo A. Juncosa Rivera profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería do terreo, do departamento de Teconoloxía da Construcción desta universidade.
A Coruña, 8 de outubro de 2003.
P.D. (Resolución 26-9-2003)
Eliseo Alfonso Barca Lozano
Rector da Universidade da Coruña en funcións