Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 31 de outubro de 2003 Páx. 13.508

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2003 pola que se nomea proferora titular de universidade da área de coñecemento de lingua española, do departamento de Filoloxía Española e Latina, a Cristina Fernández Bernárdez (praza 119/2001).

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta universidade por Resolución do 13 de novembro de 2001 (BOE do 27 de novembro), para a provisión da praza número 01/119 de profesora titular de universidade da área de coñecemento de lingua española, do departamento de Filoloxía Española e Latina desta universidade, a favor de Cristina Fernández Bernárdez, e unha vez que a interesada acreditase os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Cristina Fernández Bernárdez profesora titular de universidade da área de coñecemento de lingua española, do departamento de Filoloxía Española e Latina desta universidade.

A Coruña, 8 de outubro de 2003.

P.D. (Resolución 26-9-2003)

Eliseo Alfonso Barca Lozano

Rector da Universidade da Coruña en funcións