Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 31 de outubro de 2003 Páx. 13.508

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 22 de outubro de 2003 pola que se modifica a lista dos aspirantes seleccionados no proceso selectivo, convocado pola Orde do 6 de marzo de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 14 de marzo) para o ingreso no corpo de mestres en expectativa de ingreso na Comunidade Autónoma de Galicia, así como a adquisición de novas especialidades.

Pola Orde do 4 de agosto de 2003 (DOG do 22 de agosto) fíxose pública a lista dos aspirantes seleccionados no proceso selectivo, convocado pola Orde do 6 de marzo de 2003 (DOG do 14 de marzo) para o ingreso no corpo de mestres.

En virtude da estimación do recurso de alzada interposto por Flora Grande Rodríguez contra a puntuación outorgada na fase de concurso no proceso selectivo xa citado.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Incluir na relación de seleccionados no corpo de mestres publicada pola Orde do 4 de agosto de 2003 (DOG do 22 de agosto), na especialidade de música, entre Juan Luis Laguarta Abuín e Pablo Padrón Santamarina a Flora Grande Rodríguez.

Segundo.-Nomear funcionaria en prácticas do corpo de mestres a opositora Flora Grande Rodríguez, seleccionada no procedemento selectivo convocado pola Orde do 6 de marzo de 2003 (DOG do 14 de marzo).

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria