Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 31 de outubro de 2003 Páx. 13.503

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 27 de outubro de 2003 pola que se amplía o prazo de presentación de documentación das solicitudes de autorización para a instalación de parques eólicos singulares admitidas a trámite pola Resolución do 14 de xullo de 2003 (Diario Oficial de Galicia número 147, do 31 de xullo).

A Consellería de Industria e Comercio dictou a Orde do 29 de outubro de 2002 pola que se determinan os requisitos para a autorización de parques eólicos singulares. Esta orde establece no segundo parágrafo do seu artigo 8 que nun prazo non superior a tres meses contados a partir da resolución de cada convocatoria deberase presenta-la documentación recollida no artigo 22 do Decreto 302/2001, así como a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos esixidos no artigo 121.3º do Real decreto 1955/2000.

Na disposición adicional desta mesma Orde do 29 de outubro de 2002 procedeuse á apertura da correspondente convocatoria anual de admisión a trámite de parques eólicos singulares. Esta convo

catoria resolveuse por Resolución do 14 de xullo de 2003 publicada no Diario Oficial de Galicia número 147, do 31 de xullo. De acordo con isto o prazo para a presentación da documentación finaliza o 31 de outubro de 2003.

Non obstante, dado que esta é a primeira convocatoria de parques eólicos singulares e en atención ás peculiares características deste tipo de parques de nova implantación no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia é conveniente prorroga-lo prazo previsto de presentación de documentación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Artigo único.-No procedemento de admisión a trámite de parques eólicos singulares convocado mediante orde da Consellería de Industria e Comercio do 29 de outubro de 2002 e resolta mediante Resolución do 14 de xullo de 2003, amplíase o prazo de presentación da documentación á que se refire o parágrafo segundo do artigo 8 da Orde do 29 de outubro de 2002 ata o 31 de decembro de 2003.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2003.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio