Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 30 de outubro de 2003 Páx. 13.471

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO.

Aprobado por resolución do concelleiro-delegado de Medio Ambiente, de data 24 de setembro de 2003, o prego de cláusulas administrativas particulares que

rexerán no concurso, con procedemento aberto e trámite ordinario, para contrata-la execución das obras de rede de sumidoiros en Costeira-Quintela, Redondela, 1ª fase (PSA-2002-nº 70/290), anúnciase o seguinte concurso:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Redondela (Pontevedra).

b) Dependencia: Urbanismo/Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: contratación das obras comprendidas no proxecto de rede de sumidoiros en Costeira-Quintela, Redondela, 1ª fase (PSA-2002-nº 70/290).

b) Lotes: non.

c) Lugar de execución: barrio de Costeira-Quintela, Redondela (Pontevedra).

d) Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 189.657,39 euros, á baixa.

5. Garantía.

Provisional: 3.793,15 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Redondela (Negociado de Urbanismo).

b) Domicilio: Afonso XII, nº 2.

c) Localidade e código postal: Redondela, 36800.

d) Teléfono: 986 40 03 00.

e) Telefax: 986 40 38 94.

f) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría C.

Agás o disposto no artigo 25.2º do TRLCAP para os empresarios non españois de estados membros da Comunidade Europea.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo: 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Se o último día do prazo cadrara en sábado ou inhábil entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: Concello de Redondela.

-Domicilio: rúa Afonso XII, 2.

-Localidade e código postal: Redondela, 36800.

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses contados desde a apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Redondela.

b) Domicilio: rúa Afonso XII, 2.

c) Localidade: Redondela (Pontevedra).

d) Data: ver cláusula III.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Hora: 12.00 horas.

10. Outras informacións.

O modelo de proposición axustarase á cláusula III.2.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Redondela, 24 de setembro de 2003.

Xosé Carlos Pazos Docampo

Concelleiro-delegado de Medio Ambiente