Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 30 de outubro de 2003 Páx. 13.470

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o 16 de outubro de 2003, aprobou a forma de adxudicación, mediante concurso, para a asistencia téc

nica ó Concello de Lugo, consistente na contratación dun servicio de prevención alleo para as especialidades de seguridade no traballo e vixilancia da saúde; así como o necesario apoio ó Servicio de Prevención propio do Concello de Lugo para o desenvolvemento das restantes especialidades (hixiene industrial e ergonomía psicosocial), por este anuncio dáse a coñece-la licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: asistencia técnica ó Concello de Lugo, consistente na contratación dun servicio de prevención alleo para as especialidades de seguridade no traballo e vixilancia da saúde; así como o necesario apoio ó Servicio de Prevención propio do Concello de Lugo para o desenvolvemento das restantes especialidades (hixiene industrial e ergonomía psicosocial).

b) Prazo de execución: será un ano, prorrogable por mutuo acordo das partes antes da finalización daquel, por outro.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Prezo do contrato.

Sinálase como prezo máximo do contrato a cantidade de 55.250 euros/anuais, dos cales 24.500 euros corresponden ás especialidades de seguridade no traballo, hixiene industrial, etc., e un prezo máximo de 60 euros/traballador para a vixilancia na saúde.

5. Garantías.

Provisional: 980 euros.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo. Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 982 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na claúsula oitava do prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: Concello de Lugo. Oficina de Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2º Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

3º Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197, 3ª planta).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o cuarto día posterior ó do remate (agás sábado ou festivos) do prazo de presentación das propostas.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: 1.010,22 euros que serán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 17 de outubro de 2003.

P.D.

Francisco Félix Fernández Liñares

Tenente alcalde delegado da Área de Economía