Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 30 de outubro de 2003 Páx. 13.467

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2003, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se anuncia, por tramitación ordinaria, concurso público para a subministración de reactivos con destino a este complexo hospitalario.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de

2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, convoca o seguinte concurso público:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde, Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións, Unidade de Contratación.

c) Número de expediente: C.P. 63/2003.

2. Obxecto da contratación.

a) Descrición do obxecto: adquisición de reactivos de coagulación con destino ó laboratorio de hematoloxía.

b) Número de unidades que hai que entregar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) División por lotes e número: nun único lote.

d) Lugar de entrega: ve-lo punto 1, dependencias do almacén xeral, sito no edificio anexo de Administración, estrada de San Pedro, s/n, en Ferrol.

e) Prazo de entrega: ve-la folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e modalidade de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Modalidade: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

132.343,93 A.

5. Garantía provisional.

Provisional: 2% do orzamento de licitación. (Ve-la folla de especificacións do prego-tipo).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-P. Novoa Santos.

b) Enderezo: Estrada de San Pedro, s/n.

c) Localidade e código postal: Ferrol 15405.

d) Teléfono: 981 33 45 14.

e) Fax: 981 33 40 15.

f) Data límite de obtención de documentos e información: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

7. Requisitos específicos do contratista.

As solvencias económica, financeira e técnica acreditaranse por algún de entre os documentos sinalados no anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: ve-lo punto 1, rexistro xeral.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

9. Apertura das proposicións.

Será realizada en acto público pola mesa de contratación, na sala de xuntas do citado complexo hospitalario, a partir das 10.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

10. Outras informacións.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 80.4º do Regulamento xeral de contratación das administracións públicas. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos, non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data de terminación do prazo sinalado neste anuncio. Transcorridos, con todo, dez días naturais seguintes á indicada data sen ter recibido a mencionada proposición, esta non será admitida en ningún caso.

Os criterios que se seguirán para a adxudicación do contrato son os que se establecen no punto 11 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio desta resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios.

Ferrol, 13 de outubro de 2003.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario

Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos

de Ferrol