Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Ribeira-Broza.
Situación: O Saviñao.
Descricións técnicas:
-L.M.T. aérea a 20 kV, orixe no apoio metálico derivación a C.T. Aiaz e derivación a C.T. Groxoi e final en C.T. Broza, cunha lonxitude de 765 m.
-C.T. intemperie cunha potencia de 100 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.
-R.B.T. con unha lonxitude de 1.845 m con orixe en C.T. de Broza, conductor R.Z. e apoios de formigón.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Lugo, 5 de setembro de 2003.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo