Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 30 de outubro de 2003 Páx. 13.456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/54-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Tragsa-Vivero de Ourense.

Domicilio social: predio Cuvelo, estrada Maceda-Baldrei, k 2, 32700 Maceda.

Denominación: L.M.T.S., C.T. viveiro Tragsa.

Situación: predio Cuvelo-estrada Maceda-Baldrei, k 2 (Maceda).

Descricións técnicas: liña subterránea a 20 kV de 26 m de lonxitude, derivada da L.M.T. aérea ó C.T. Uteco Cuvelo, e logo de entrar no centro de entrega de enerxía, remata no C.T. proxectado en caseta con 160 kVA, R/T 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 3 de xuño de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense