Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 29 de outubro de 2003 Páx. 13.412

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/554-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Novás.

Situación: O Rosal.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor R.H.V. de 20 m de lonxitude, con orixe no C.T. aéreo que se vai desmontar Novás e remate no novo C.T. proxectado Novás, de 250 kVA R.T. 20 kV/380-220 V, situado nas Videiras, no concello do Rosal. Dúas R.B.T., unha aérea e outra subterránea, de 65 e 45 m de lonxitude respectivamente, con orixe no C.T. proxectado Novás.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 12 de setembro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra