Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 28 de outubro de 2003 Páx. 13.366

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTECESO

ANUNCIO de licitación.

1. Obxecto do contrato: contrato de concesión de obra pública denominada parque eólico de Ponteceso. Expediente nº OC02/2003.

2. Lugar de execución: termo municipal de Ponteceso.

3. Prazo do contrato: vintecinco (25) anos. A execución do contrato comprende a execución da obra.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto, concurso.

5. Orzamento base de licitación:

Canon de concesión: o adxudicatario estará obrigado a lle satisfacer ó concello un canon anual na contía que resulte da licitación, conformado por:

-Canon fixo: 70.000 E netos/ano, que aumentará anualmente segundo o IPC.

-Canon variable: o licitador proporá un tanto por cento variable en función da facturación anual total, cun mínimo do 5%. Esta cantidade será obxecto dunha entrega a conta sobre a facturación final nos cinco días seguintes ó do remate do primeiro semestre de cada ano, e dunha cantidade definitiva durante o mes de xaneiro do ano seguinte.

6. Garantías:

Provisional: 58.840,38 E.

Definitiva: 4% do orzamento de execución da obra aprobada.

7. Obtención de documentación e información:

Na Secretaría do Concello de Ponteceso.

8. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

9. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación: trece días naturais, contados a partir do seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, en horario das 9 ás 14 horas, no rexistro xeral do concello.

10. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

11. Exposición dos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas e obtención de documentación: na Secretaría do Concello de Ponteceso.

Ponteceso, 14 de outubro de 2003.

José Luis Fondo Aguiar

Alcalde