Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 28 de outubro de 2003 Páx. 13.365

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

En cumprimento do establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, faise pública a aprobación definitiva do Plan parcial do sector SUNP Norte-1, do PXOU vixente, promovido por Domingo Núñez Núñez e outros, acordada polo Concello Pleno en sesión que tivo lugar o 30 de xuño de 2003.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 23 de setembro de 2003.

P.D. (Decreto Alcaldía 56/2003)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente alcalde delegado de área