Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 28 de outubro de 2003 Páx. 13.361

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 6 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 64/03 RES, por infraccións en materia sanitaria.

Con data 7 de xullo de 2003, a instructora do procedemento dictou proposta de resolución do expediente sancionador número 64/03 RES, incoado na Delegación Provincial de Pontevedra ó establecemento Burguer Max, propiedade de Galiburguer, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle ó/á director/a xerente de Galiburguer, S.L. o contido da dita proposta que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste, ó abeiro do disposto no numero 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días hábiles, contado desde o seguinte ó da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na avenida de Vigo, núm. 16 de Pontevedra, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 6 de outubro de 2003.

Ángeles Feijóo-Montenegro Fernández

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 64/03 RES.

Denunciado: Galiburguer, S.L., con CIF número B36297141, propietario do establecemento Burguer Max.

Último enderezo coñecido: rúa Padre Amoedo, núm. 8, 36002 Pontevedra.

Feito imputado: supostas infraccións en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: -Artigo 2.2º.2 e artigo 5.5º.3 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria.-Artigo 3 e capítulo primeiro, pto. 1º, pto. 2º c), d), capítulo IX, pto. 2º, pto. 3º, pto. 4º e capítulo X do anexo ó Real decreto 2207/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene relativas ós productos alimenticios. -Artigo 3, pto. 3º, pto. 5º, artigo 6º, pto. 2º, artigo 10, pto. 1º, pto. 2º e artigo 12 do Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas.

Tipificación: leve, segundo o artigo 35º A) 1ª, 2ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade.

Sanción proposta: seiscentos euros (600 euros).

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE

E VOLUNTARIADO