Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 27 de outubro de 2003 Páx. 13.309

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 25 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a Resolución do 25 de setembro de 2003, de baixa da autorización turística dos establecementos citados no anexo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, faise pública a Resolución do 3 de setembro de 2003, recaída nos expedientes de baixa dos establecementos indicados no anexo xa que, intentada a notificación, non se puido practicar polos medios habituais.

Contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Ourense, 25 de setembro de 2003.

José Luis Pérez Pérez

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Establecemento: Restaurante Gomar.

Titular: Mª Nieves Gómez López.

Enderezo: Celeiros.

Concello: Chandrexa de Queixa.

Establecemento: Restaurante Novo Mara.

Titular: José Ferreira Dasilva.

Enderezo: estrada nacional 525.

Concello: Taboadela.

Establecemento: Hostal Residencia Mara.

Titular: José Ferreira Dasilva.

Enderezo: estrada nacional 525.

Concello: Taboadela.