Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T. Outerín.
Situación: Santiago de Compostela.
Descricións técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, de 635 metros de lonxitude, coa orixe na L.M.T. Os Ánxeles-Ponte Insua, entre C.T. Paredes (expediente 27247), e C.T. Casal
(expediente 29991) e final na mesma liña unha vez que entre e saia do C.T. proxectado. Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 160 kVA e relación de tensións 20/0,380-0,220 kV. Concello de Santiago de Compostela.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
A Coruña, 23 de setembro de 2003.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña