Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: variante L.A.T. 66 kV Padrón-Sta. Uxía de Ribeira (tramo Finsa-Boiro-Palmeira) entre apoios 229-232.
Situación: Boiro.
Descricións técnicas: variante liña eléctrica de alta tensión 66 kV Padrón-Sta. Uxía de Ribeira, á altura do p.k. 14,510 da estrada Boiro-Noia: suprimindo os apoios de 229 e 232 e implantando no seu lugar os apoios 229A e 232A, que serán metálicos, de celosía e tendendo conductores LA-180, xunto co cable de terra nunha lonxitude de 228 m. Concello de Boiro.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
A Coruña, 23 de setembro de 2003.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña