Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 27 de outubro de 2003 Páx. 13.301

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/139-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Concello da Cañiza.

Domicilio social: r/ Oriente, 11, 36880 A Cañiza.

Denominación: desvío da L.M.T. ó polígono industrial da Cañiza.

Situación: concello da Cañiza.

Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV con dous tramos aéreos, un de 234 m de lonxitude con conductor LA-56 desde o apoio nº 1 que se colocará na L.M.T. FRI 8056222 ata o apoio proxectado nº 3, onde continúa subterránea 650 m con conductor R.H.V. ata o apoio proxectado nº 2, e outro de 64 m con conductor LA-56 desde un apoio existente da L.M.T. FRI 8.50 ata o apoio proxectado nº 2, no concello da Cañiza.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización

de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 5 de agosto de 2003.

P.A. (Resolución do conselleiro 22-7-2002)

Mª del Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra