De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta universidade por Resolución do 13 de novembro de 2001 (BOE do 27 de novembro), para a provisión da praza número 194/2001, de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de matemática aplicada, do departamento de Métodos Matemáticos e de Representación desta universidade, a favor de Fernando Cobeño Arlegui, e unha vez que o interesado acreditara os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Fernando Cobeño Arlegui,
profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de matemática aplicada, do departamento de Métodos Matemáticos e de Representación desta universidade.
A Coruña, 1 de outubro de 2003.
P.D. (Resolución 26-9-2003)
Eliseo Alfonso Barca Lozano
Rector da Universidade da Coruña en funcións