Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 27 de outubro de 2003 Páx. 13.292

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 9 de outubro de 2003, do tribunal que xulgará as probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas, polo que se fai público o lugar, a data e a hora de realización do segundo exercicio da fase de oposición.

De conformidade co previsto na base II.2.4 da Orde do 10 de decembro de 2002, pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas (DOG nº 245, do 20 de decembro), e por acordo do tribunal designado para a selección dos aspirantes ó ingreso no dito corpo, adoptado na sesión que tivo lugar na data mencionada, faise público o lugar, a data e a hora nos que terá lugar o segundo exercicio da fase de oposición e convócanse os aspirantes para o próximo día 8 de novembro, sábado, ás 9.00 horas na aula nova da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

Os aspirantes deberán comparecer no lugar indicado media hora antes da sinalada para o comezo do exercicio, provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade.

Para a resolución dos casos prácticos, os opositores poderán acudir ó exercicio con calculadora non programable e textos legais sen comentarios, excluíndose os libros de consulta.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2003.

José Luis Veiga Castiblánquez

Presidente do tribunal