Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 27 de outubro de 2003 Páx. 13.286

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 6 de outubro de 2003 pola que se autoriza a apertura e posta en funcionamento do centro autorizado de música profesional Galén, de Lugo, para impartir, con carácter definitivo, as ensinanzas do grao medio de música.

Segundo o disposto no artigo 31 do Estatuto de autonomía de Galicia, é competencia da Comunidade Autónoma galega a regulamentación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades e de acordo co artigo 1 do Decreto 213/1998, do 10 de xullo (DOG do 23 de xullo), a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ó que lle corresponden estas competencias.

A sociedade Promotora Educativa Lucense, S.L.L. solicita autorización de apertura e posta en funcionamento para impartir, con carácter definitivo, as ensinanzas do grao medio de música que establece a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, de acordo co procedemento disposto no Decreto 253/1995, do 29 de setembro, sobre autorización a centros docentes privados para impartir ensinanzas artísticas (DOG do 11 de outubro).

A Delegación Provincial de Lugo informa do cumprimento efectivo dos requisitos mínimos que establece o Real decreto 389/1992, do 15 de abril (BOE do 28 de abril), para os centros que impartan as ensinanzas artísticas regradas previstas no capítulo primeiro do título II da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e de que a estructura e planificación académica do centro se axusta ó disposto no Decreto 253/1993, do 29 de xullo (DOG do 25 de outubro), polo que se establece o currículo do grao elemental e do grao medio das ensinanzas de música e o acceso ós ditos graos.

Cumpridos tódolos trámites regulamentarios e tendo en conta o anteriormente exposto, esta consellería, por proposta da Direccción Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la apertura e posta en funcionamento do centro autorizado de música profesional Galén, de Lugo, para impartir, con carácter definitivo, as ensinanzas correspondentes ó grao medio de música establecidas na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, segundo os datos que figuran no anexo a esta orde.

Segundo.-En cumprimento do que establece a disposición adicional terceira do Decreto 253/1995, do

29 de setembro, o centro autorizado de música profesional Galén, de Lugo, queda adscrito, para efectos administrativos, ó Conservatorio Profesional de Música de Lugo.

Terceiro.-Esta autorización para imparti-las ensinanzas do grao medio de música terá efectos a partir do curso académico 2003-2004.

Cuarto.-A Delegación Provincial de Lugo, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do persoal que imparta docencia no centro autorizado.

Quinto.-O mencionado centro queda obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión da autorización cando teña que modificarse calquera dos datos sinalados nesta orde.

Sexto.-Esta orde, que esgota a vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), ou ben os interesados poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso administrativa (BOE do 14 de xullo).

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Lugo.

Concello: Lugo.

Localidade: Lugo.

Enderezo: rúa Xian, nº 8.

Código do centro: 27020744.

Titular: Promotora Educativa Lucense, S.L.L.

Denominación xenérica: centro autorizado de música profesional

Denominación específica: Galén.

Número de postos escolares autorizados: grao medio: 180.