Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 24 de outubro de 2003 Páx. 13.233

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 1 de outubro de 2003 pola que se fixa o prezo de venda ó público da publicación: Memoria 2002. Servicio Galego de Saúde.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público da publicación editada polo Servicio Galego de Saúde e que se relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderase, de se-lo caso, con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2003.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Memoria 2002. Servicio Galego de Saúde: 19,50 euros.