Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 23 de outubro de 2003 Páx. 13.215

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público e trámite de urxencia, para a execución das obras de adaptación de dúas plantas do edificio anexo ó dos xulgados de Ferrol para catro órganos xudiciais e a reforma e adecuación á normativa das instalacións do edificio antigo dos xulgados.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de adaptación de dúas plantas do edificio anexo ó dos xulgados de Ferrol para catro órganos xudiciais e a reforma e adecuación á normativa das instalacións do edificio antigo dos xulgados.

b) División por lotes y número: non leva.

c) Lugar de execución: Ferrol.

d) Prazo de execución: seis meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación. Importe total: 451.217,94 A, IVE incluído, desagragado en dúas anualidades:

Ano 2003: 144.929,09 A.

Ano 2003: 306.288,85 A.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) O prego de cláusulas administrativas e o proxecto estarán ó dispor dos interesados para o seu exame na Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local (Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Control Orzamentario), sita no complexo administrativo de San Caetano, edificio nº 5, 3º andar, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 46 42. Fax: 981 54 46 96.

b) Igualmente, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=3225

As copias da documentación e o proxecto soamente se poderán recoller, mediante o aboamento do seu importe, en Tórculo Artes Gráficas, S.A.L., Praza de

Mazarelos, 14-baixo, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 58 54 55, fax: 981 55 20 61.

c) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo: C, subgrupo: todos, categoría: e.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación das ofertas: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o décimo terceiro día natural ás 14.00 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación necesaria: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

2. Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade e lugar: Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, sala de xuntas.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da consellería, ás nove horas e trinta minutos do quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas; de coincidir en sábado, trasladarase primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 9.30 horas.

10. Gastos do anuncio: será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2003.

Manuel E. Martínez Oubiña

Secretario xeral da Consellería de Xustiza,

Interior e Administración Local

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE

E VOLUNTARIADO