Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 23 de outubro de 2003 Páx. 13.202

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública o proxecto sectorial do Parque Eólico Mondoñedo. (Expediente 069-EOL).

O Consello da Xunta de Galicia acordou na súa reunión con data do 5 de decembro de 2002, aprobar definitivamente a modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do plan eólico de Galicia, incluíndo a área denominada Mondoñedo pertenecente ó plan eólico estratéxico Fergo Galicia, promovido pola empresa Fergo Galicia Vento, S.L. e que foi aprobado por resolución da Consellería de Industria e Comercio do 22 de xullo de 1999, aprobándose posteriormente a ampliación do dito plan eólico estratéxico por Resolución do 20 de novembro de 2001.

En desenvolvemento do referido plan eólico estratéxico Fergo Galicia, a empresa Fergo Galicia Vento, S.L., presentou solicitude de autorización administrativa do Parque Eólico Mondoñedo que foi admitida

a trámite por resolución da Consellería de Industria e Comercio con data do 19 de abril de 2002 (DOG nº 92, do 14 de maio).

Unha vez aprobada definitivamente a modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do plan eólico de Galicia, e empresa Fergo Galicia Vento, S.L. presentou con data do 6 de maio de 2003 o proxecto sectorial denominado (Parque Eólico Mondoñedo).

Polo tanto, en cumprimento do disposto no artigo 25 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia e do artigo 13 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

RESOLVE:

Someter a información pública o proxecto sectorial Parque Eólico Mondoñedo por un prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución.

Os interesados disporán do dito prazo dun mes para examina-lo proxecto sectorial na Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Innovación, Industria e Comercio e no Concello de Mondoñedo (Lugo) e presentar ante esta delegación provincial as alegacións que consideren pertinentes.

Lugo, 16 de setembro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo