Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: retranqueo L.M.T. saída autopista A-9 en Miño.
Situación: Miño.
Descricións técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 15 kV, de 398 metros, coa orixe en apoio s/n proxectado en sustitución do existente, en L.M.T. PED-705 (expte.: 32.512), coincidente con derivación a C.T. particular Mariña UTE2 e final en apoio s/n existente en L.M.T. PED-705 cara á derivación a C.T. Bañobre, con conductor R.H.Z. 1 12720 kV 3(1x240) Al. Concello de Miño.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 18 de setembro de 2003.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña