Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 23 de outubro de 2003 Páx. 13.200

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 17 de setembro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/292).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Escultor Asorey, nº 2.

Situación: Santiago de Compostela.

Descricións técnicas: liña eléctrica, de media tensión subterránea a 20 kV, de 390 metros de lonxitude, coa orixe na L.M.T.S. Señarís-C.T. Laselle (expte.: 22.849) e final na mesma liña unha vez entre e saia do C.T. Escultor Asorey (proxectado), con conductor R.H.V.-12/20 kV-3x240 Al.

Centro de transformación prefabricado Escultor Asorey nº 2, cunha potencia de 400 kVA e relación de transformación 20/0,380-0,220 kV. Concello de Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 17 de setembro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña