Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 23 de outubro de 2003 Páx. 13.199

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto, a contratación da subministración de contrafagot e diverso material de percusión con destino a centros de ensinanzas de réxime expecial dependentes desta consellería. (Expediente 27/03SU).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Servicio de Contratación e Equipamento.

c) Número de expediente: 27/03SU.

2. Obxecto de contrato:

a) Descrición do obxecto: subministración de contrafagot e diverso material de percusión con destino a centros de ensinanzas de réxime especial dependentes desta consellería.

b) Lugar de entrega: almacén da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sita no Polígono Industrial de Toedo, Concello da Estrada (Pontevedra) ou no centro educativo que se sinale en función do volume de artigos que hai que entregar.

c) Prazo de execución: 30 días ou o prazo que sinale a empresa se fose inferior.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 39.710 euros.

5. Garantías:

Provisional: 2% do importe total de licitación.

6. Obtención de documentación e información:

6.1. Información:

a) Entidade: oficina de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio San Caetano, s/n. Santiago de Compostela.

6.2. Adquisición de pregos:

a) Teléfono: 981 58 54 55.

b) Domicilio: praza de Mazarelos, nº 14 baixo, 15703 Santiago de Compostela.

c) Así mesmo, poderanse obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N= 3224.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días contados desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por correo.

2ª) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3ª) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

8. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: o quinto día hábil contados desde o día seguinte á finalización do prazo para presentar ofertas, ás 11 horas.

9. Gastos de anuncios:

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2003.

Néstor Válcarcel Teijeiro

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria