Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 22 de outubro de 2003 Páx. 13.168

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA

ANUNCIO de concurso, polo procedemento aberto, para a subministración de reactivos para detección xenómica de virus da inmunodeficiencia humana (VIH), hepatite C (VHC) e hepatite B (VHB).

A Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia, para dar cumprimento ós artigos 9 e 10 da Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación resolve convoca-lo seguinte concurso público:

1. Entidade adxudicadora: Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia, avda. Monte da Condesa, s/n, 15706 Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 69 00, fax 981 59 31 51.

2. Obxecto e orzamento do contrato: subministración sucesiva dos reactivos necesarios para a realización de técnicas de detección xenómica do virus da hepatite C (VHC), do virus da inmunodeficiencia humana (VIH) e do virus da hepatite B (VHB), para 122.00 doazóns de sangue anuais, podendo realiza-la técnica en «pools» de varias mostras (mesturas) ou ben de forma individualizada, por doazón de sangue.

Orzamento total dividido por anualidades 2.928.000 euros. Orzamento primeiro ano: 1.464.000 euros. Orzamento segundo ano: 1.464.000 euros.

Duración: 2 anos desde a data da sinatura do contrato.

Admisión de variantes: consideraranse as proposicións que, respectando o obxecto do contrato e o orzamento máximo autorizado, incorporen para a prestación da subministración solucións alternativas ás definidas nas condicións técnicas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

4. Fianzas e garantías: provisional o 2% do orzamento de cada lote ó que se concorra. Garantía definitiva por importe do 4% do valor de adxudicación de cada lote.

5. Documentos de interese para os licitadores: os pregos de condicións xurídicas e de condicións técnicas particulares pódense solicitar no Centro de Transfusión de Galicia, avda. Monte da Condesa, s/n, 15706 Santiago de Compostela en días laborables desde as 9 ata as 14.00 horas.

6. Solvencia económico-financeira e técnica: acredítanse conforme o establecido no número 2.2.2 do prego de condicións xurídicas.

7. Criterios de adxudicación: os establecidos no cadro de características.

8. Prazo e lugar de presentación das proposicións: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do día 18 de novembro de 2003.

9. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de condicións xurídicas e na forma que nel se sinala.

10. Data de apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada en acto público na sala de xuntas do Centro de Transfusión de Galicia, a partir das 10.30 horas do día 24 de novembro de 2003.

11. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2003.

Carlos Areal Méndez

Director técnico da Fundación Pública Centro

de Transfusión de Galicia

PADROADO PARA O DESENVOLVEMENTO DO PLAN

DE EXCELENCIA TURÍSTICA

CONCELLOS DO GROVE

E SANXENXO