Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 22 de outubro de 2003 Páx. 13.165

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD 16/2002).

O Pleno do Concello, en sesión realizada o día 1 de setembro de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle para reaxustar aliñacións e ordenar volumes nuns terreos comprendidos entre a rúa Palavea e o camiño vello a Palavea, promovido a Epamar de Gestión, S.L.

Segungo.-Notificarlle este acordo a Epamar de Gestión, S.L., na súa calidade de promotor do estudio de detalle, e solicitárlle-la presentación no rexistro xeral municipal, no prazo máximo dun mes desde que reciban a correspondente notificación, de tres exemplares do estudio de detalle idénticos ós previamente presentados con data do 26 de novembro de 2002.

Terceiro.-Publicar este acordo, no prazo máximo dun mes, no DOG e no BOP e comunica-la aprobación ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dándolle traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo e de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente.

Cuarto.-Dilixenciar planos e memoria do estudio de detalle na súa integridade co selo de aprobación definitiva.

Este acordo pon fin á vía administrativa, podendo interpor contra este, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o órgano que o dictou, no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante a Sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación; todo iso de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co artigo 46 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de calquera outro que considere pertinente.

O que se publica para xeral coñecemento.

A Coruña, 2 de setembro de 2003.

José Luis Méndez Romeu

Concelleiro delegado de Urbanismo