Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 22 de outubro de 2003 Páx. 13.157

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 11 de setembro de 2003, polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico denominado Penas Grandes.

En cumprimento do disposto no artigo 13.5º do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, esta dirección xeral dispón que se publique no DOG, o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 11 de setembro de 2003, da que a súa parte dispositiva é o seguinte texto literal:

1. Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal nomeado Penas Grandes.

2. De conformidade co contido do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xullo de 1997 polo que se aproba o plan eólico de Galicia como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, modificado mediante o Acordo do 5 de decembro de 2002, o planeamento dos Concellos de Carballedo e Rodeiro queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas